NEMO
Sexta-feira, Setembro 26, 2008

Cóntannos que este domingo o programa Onda Curta da TVG emite unha das pezas de NEMO, unha orixinal obra dirixida por Miguel Mariño e Ariadna Camiño. Cada unha das dez pezas de vídeo que forman a curtametraxe mostran como dez pintores galegos crean as súas obras.
Nós fomos os responsables da banda sonora de cinco desas dez pezas e unha delas -a do cadro que pinta Isabel Rei- é a que emiten este domingo. Por certo que tamén se emite no mesmo programa Etcétera, unha curtametraxe de Pachi Baranda, director co que estamos a colaborar coa composición da B.S.O. da súa vindeira fita, Xogo de Nenos. Xa iremos contando asi que nos pasen a premontaxe.

0
comentarios
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)