Artefacto Burbur
Domingo, Novembro 09, 2008

Onte fixéronnos unha visita no noso estudo caseiro Carlos e Alex, voz e guitarra de Projecto Mourente. En teoría viñan só gravar unhas guitarras para algúns dos temas que irán nun EP que editarán antes de Nadal pero xa aproveitamos para poñer a Carlos diante do micro e gravar esa colaboración de voz para o vindeiro disco.
O tema é Artefacto Burbur, con letra baseada nun poema do mesmo nome de Igor Lugrís. Unha canción sobre Antonio Udina -o último falante de Dálmata- que trata o tema da extinción das línguas "minoritarias", algo que aos galegos tristemente nos toca de ben preto. Para compensar, quixemos darlle un ton moi optimista no musical e a incoporación da espilida voz de Carlos Valcárcel no retrouso axudou sen dúbida. Este é o poema en cuestión:
| |
| Igor Lugrís | |
Etiquetas: Colaboracións, Gravación de Alfaias
O Artefacto Burbur é poema. Foi bar. Agora com vós será cançom. E também é cartaz. Podede-lo ver aqui: http://www.flickr.com/photos/paraverler/2972704236/
Saúdos.
moitas partidas de futbolin teño botado no soto do burbur, en certa maneira a canción tamén será unha homenaxe a esa época na que as longas noites pola zona vella de Compostela comezaban ali :)




