Dialogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio
Terça-feira, Novembro 18, 2008

Á xa longa lista de autores que van poñer as palabras no vindeiro disco (Xiana Arias, Mario Regueira, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Igor Lugris, Tati Mancebo, Daniel Salgado, Estibaliz Espinosa e Diego Ameixeiras) súmase finalmente o ferrolán Alberte Momán co seu poema Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio.
Polo que levamos gravado parece ser que vai tomar a senda experimentadora, na liña de Postpunkdeirada ou Lene, forzando a mestura de estilos e mundos. Neste caso o choque de trens vai ter lugar entre a percusión tradicional galega, o Soul e o Hip-Hop. Con eses ingredientes, nada malo pode sair de ahi, a ver como queda. E a letra, perfecta:
Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio
-Unha aperta que os meus dentes dan á túa pel. Confía nas miñas palabras por que teñen un significado en todos os dicionarios; pero a carne é feble e entre as miñas mandíbulas escorrega un sangue ferroso con cheiro a margarida.
Non podo esperar a ser adulto, a que o cranio se volte branco e feble, porque o teu sangue produce manchas demasiado permanentes sobre unha superficie clara.
Hoxe e mañá a miña espada ten ocupacións fóra de casa. No podemos casar co tempo por que todas as boas oportunidades chegan tarde; se me miras comprobarás que as cousas non cambiaron en absoluto, os marcos das portas continúan cubrindo un baleiro, nesta época de liberdade nas que as fronteiras só existen para a heteroxeneidade.
Por iso que as miñas palabras conxelan todos os alentos, para mimar os soños das armas que me conducen, entre calafríos de dereitos e obrigas.
Non son nada, apenas o odio me enche, só certas palabras poden aplacar o nerviosismo provocado pola vosa calma.
E podo por que son pai, son fillo e miro por vós, docemente coas mans abertas e os ollos pechados, aceptando cegamente verbas que non procuro entender por non molestarme. Só por escoitarvos camiñar ao meu carón, e saber que uns pasos seguen a outros na traxectoria incerta da incerteza liñal.
Nesta amalgama de corpos; mírame se podes achegarte até a miña perna que cubre as túas costas. Vexo polas túas bágoas que tes a capacidade de entenderme e de aceptar; son os xogos que saben ir en contra da paridade para axustarse á orde das cousas xustas.
-Nun pequeno campo as mimosas avanzan subterraneamente, como os pensamentos que nós diriximos coa mirada. Nunca as pálpebras mentiron desta forma. Nun sorriso inocente pérdense todas as palabras.
A liña de metro divídenos agora, so que hainos que van dentro, outros fóra agardan, e entre a multitude non consigo espiarte. Tento non desistir para manter as distancias.
Confío en ti, pero máis nas túas implacables torturas consideradas como equidade e xustiza. Hainos que deben sufrir cos cortes dunha espada que pesa como o mundo, hai outros condenados a cargar co mundo nunha espada e mimar con ela todas as almas.
A caverna do tren aluméase e vexo como reprimes o desexo de saltar cara min. A miña oportunidade de perderme entre as opresións duns muros pretos de formigón armado. O sopor que me provocan pésame menos que as túas caricias.

en
1:13 PM
Etiquetas: Colaboracións, Gravación de Alfaias
1 comentarios
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)