NEMO
Sexta-feira, Setembro 26, 2008

Cóntannos que este domingo o programa Onda Curta da TVG emite unha das pezas de NEMO, unha orixinal obra dirixida por Miguel Mariño e Ariadna Camiño. Cada unha das dez pezas de vídeo que forman a curtametraxe mostran como dez pintores galegos crean as súas obras.
Nós fomos os responsables da banda sonora de cinco desas dez pezas e unha delas -a do cadro que pinta Isabel Rei- é a que emiten este domingo. Por certo que tamén se emite no mesmo programa Etcétera, unha curtametraxe de Pachi Baranda, director co que estamos a colaborar coa composición da B.S.O. da súa vindeira fita, Xogo de Nenos. Xa iremos contando asi que nos pasen a premontaxe.
Nós fomos os responsables da banda sonora de cinco desas dez pezas e unha delas -a do cadro que pinta Isabel Rei- é a que emiten este domingo. Por certo que tamén se emite no mesmo programa Etcétera, unha curtametraxe de Pachi Baranda, director co que estamos a colaborar coa composición da B.S.O. da súa vindeira fita, Xogo de Nenos. Xa iremos contando asi que nos pasen a premontaxe.
Melodias galegas

A semana pasada saiu no xornal Santiago Siete unha entrevista que xa aparecera hai uns meses na Mondosonoro. Por se alguén a perdeu, podédela ler na moi recomendable web de Xavier Valiño, o autor da mesma.
La nouvelle bande-son

Hai uns meses saiu unha reportaxe no xornal Público chamado El pop en la nación de naciones no que saiamos xunto a bandas coma Lisabö e Lucas15. Hai pouco soubemos que tamén saiu outro reportaxe parecido na revista francesa COURRIER INTERNATIONAL. Podedes ler o artigo completo -e xa de paso practicar idiomas- premendo aqui. Por certo que se alguén ten a versión en papel da revista e lle pode pegar un escaneo estariamos ben agradecidos.
Galice
Fanny + Alexander
Fanny et Alexander s'appellent en réalité Efi Arias et Noel Feáns. Ils vivent tous les deux à Saint-Jacques-de-Compostelle. Ils proposent une pop légère matinée d'électro, sorte de Belle and Sebastian à la sauce galicienne. Particularité : leurs paroles sont des adaptations de poètes galiciens contemporains. "Nous nous sommes toujours intéressés à la relation entre la musique et la poésie, avec la collaboration par exemple de Sonic Youth et William Burroughs", explique Efi. Finais dos 70s, comezos dos 80s, leur second album, est sorti en septembre 2007.
Fillos pródigos
Quinta-feira, Setembro 25, 2008

Que si, que asumimos o noso erro, nunca debidemos ter abandonado este blog. Aínda que un grupo teña presenza na web do seu selo, en Myspace, Last.fm e Facebook, un blog é o máis parecido a falar cara a cara cos que escoitan, descargan, ignoran, mercan, critican, sinten, maldicen, aman, recomendan e aborrecen a música que fas. Mil desculpas pola ausencia. Xa estamos de volta e, en plena gravación do novo disco, temos moito que contar.
Subscrever:
Mensagens (Atom)




