Dialogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio
Terça-feira, Novembro 18, 2008

Polo que levamos gravado parece ser que vai tomar a senda experimentadora, na liña de Postpunkdeirada ou Lene, forzando a mestura de estilos e mundos. Neste caso o choque de trens vai ter lugar entre a percusión tradicional galega, o Soul e o Hip-Hop. Con eses ingredientes, nada malo pode sair de ahi, a ver como queda. E a letra, perfecta:
-Unha aperta que os meus dentes dan á túa pel. Confía nas miñas palabras por que teñen un significado en todos os dicionarios; pero a carne é feble e entre as miñas mandíbulas escorrega un sangue ferroso con cheiro a margarida.
Non podo esperar a ser adulto, a que o cranio se volte branco e feble, porque o teu sangue produce manchas demasiado permanentes sobre unha superficie clara.
Hoxe e mañá a miña espada ten ocupacións fóra de casa. No podemos casar co tempo por que todas as boas oportunidades chegan tarde; se me miras comprobarás que as cousas non cambiaron en absoluto, os marcos das portas continúan cubrindo un baleiro, nesta época de liberdade nas que as fronteiras só existen para a heteroxeneidade.
Por iso que as miñas palabras conxelan todos os alentos, para mimar os soños das armas que me conducen, entre calafríos de dereitos e obrigas.
Non son nada, apenas o odio me enche, só certas palabras poden aplacar o nerviosismo provocado pola vosa calma.
E podo por que son pai, son fillo e miro por vós, docemente coas mans abertas e os ollos pechados, aceptando cegamente verbas que non procuro entender por non molestarme. Só por escoitarvos camiñar ao meu carón, e saber que uns pasos seguen a outros na traxectoria incerta da incerteza liñal.
Nesta amalgama de corpos; mírame se podes achegarte até a miña perna que cubre as túas costas. Vexo polas túas bágoas que tes a capacidade de entenderme e de aceptar; son os xogos que saben ir en contra da paridade para axustarse á orde das cousas xustas.
-Nun pequeno campo as mimosas avanzan subterraneamente, como os pensamentos que nós diriximos coa mirada. Nunca as pálpebras mentiron desta forma. Nun sorriso inocente pérdense todas as palabras.
A liña de metro divídenos agora, so que hainos que van dentro, outros fóra agardan, e entre a multitude non consigo espiarte. Tento non desistir para manter as distancias.
Confío en ti, pero máis nas túas implacables torturas consideradas como equidade e xustiza. Hainos que deben sufrir cos cortes dunha espada que pesa como o mundo, hai outros condenados a cargar co mundo nunha espada e mimar con ela todas as almas.
A caverna do tren aluméase e vexo como reprimes o desexo de saltar cara min. A miña oportunidade de perderme entre as opresións duns muros pretos de formigón armado. O sopor que me provocan pésame menos que as túas caricias.
Artefacto Burbur
Domingo, Novembro 09, 2008

Onte fixéronnos unha visita no noso estudo caseiro Carlos e Alex, voz e guitarra de Projecto Mourente. En teoría viñan só gravar unhas guitarras para algúns dos temas que irán nun EP que editarán antes de Nadal pero xa aproveitamos para poñer a Carlos diante do micro e gravar esa colaboración de voz para o vindeiro disco.
O tema é Artefacto Burbur, con letra baseada nun poema do mesmo nome de Igor Lugrís. Unha canción sobre Antonio Udina -o último falante de Dálmata- que trata o tema da extinción das línguas "minoritarias", algo que aos galegos tristemente nos toca de ben preto. Para compensar, quixemos darlle un ton moi optimista no musical e a incoporación da espilida voz de Carlos Valcárcel no retrouso axudou sen dúbida. Este é o poema en cuestión:
| |
| Igor Lugrís | |
No programa Libro Aberto da TVG
Quarta-feira, Novembro 05, 2008
E seguimos con aparicións televisivas, desta volta saimos -só ao 50%- xunto con NARF e Dios ke te Crew nunha pequena reportaxe de Olalla Vaamonde sobre a relación entre a poesía e a música na escena galega no programa da TVG Libro Aberto.
NEMO - Elena Corredoira con BSO de Fanny+Alexander
Terça-feira, Novembro 04, 2008
A verdade é que polas características das obras que integran NEMO -ben variadas- puidemos soltarnos estilísticamente, tocando paus ben diferentes. Se na anterior de Isabel Rei mesturabamos arranxos orquestrados con electrónica, nesta apenas hai máquinas propiamente ditas, só batería, baixo e guitarras -unhas cantas, iso si- pasadas por multitude de pedais de efeitos. A ver que vos parece.




