Home Studio
Segunda-feira, Fevereiro 02, 2009
Hai pouco un amigo fíxonos o típico cumprimento que en realidade é todo o contrario ao dicirnos "parece mentira o ben que soa a vosa música estando feita só con un ordenador". Levaba toda a boa intención do mundo -loubando os resultados profisionais que pode chegar a dar o Do It Yourself que tanto defendemos- pero o certo é que os instrumentos que usamos son "reais", aínda que algúns -como a bateria ou a guitarra e gaita MIDI- sexan electrónicos. O ordenador usamolo esencialmente para gravar, mesturar e masterizar. Como unha imaxe vale máis que mil palabras non nos puidemos resistir a botar man de grande angular e sacarlle unha foto ao noso estudo caseiro.
@s que coma nós sexades moi geeks dos maquinillos podedes botar un ollo á imaxe en Flickr, onde se pode ver a alta resolución e nos tags hai un listado de case todo o equipamento.
@s que coma nós sexades moi geeks dos maquinillos podedes botar un ollo á imaxe en Flickr, onde se pode ver a alta resolución e nos tags hai un listado de case todo o equipamento.
en
7:13 AM
Etiquetas: Gravación de Alfaias
1 comentarios
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)





