Para ser un bon cantante tes que desafinar
Quinta-feira, Fevereiro 26, 2009

Canta razón destila ese verso de Nacho Vegas. Temos o Soidemersol e o Panorama entre os grandes discos do indie estatal dos 90's e tras escoitar Viaje por paises pequeños, o primeiro single de La Buena Vida tras a recente marcha de Irantzu Valencia, xa a estamos botando de menos. Pobre muller, tras máis dunha década tendo que escoitar críticas á súa (falla de) voz agora resulta que a que poñía o ingrediente máxico á receita era ela coa súa voz tímida, triste e desafinada.
Nós, que coxeamos sen vergoña da mesma pata, defendemos a morte o de facer das limitacións virtude e non podemos sentir máis que simpatía pola boa de Irantzu. E agradecemento. Porque, se imaxinamos xoias coma Tormenta en la mañana de la vida cantadas pola típica cantante cun chorro de voz, o encanto saudoso e amateur de La Buena Vida de seguro que cruzaría a liña invisíbel que de sempre os separou de cousas coma Amaral ou La Oreja de Van Gogh.
Por certo que no novo disco vai n ir temas nos que non vai a haber nen rastro de electrónica -aparente- e en concreto hai un, Na febre dos incendios, que ten moito que ver na produción cos La Buena Vida máis orquestrados, os de Panorama e Soidemersol, con cordas e demais parafernalias. Esta é a letra, un poema escrito a propósito para nós -mil grazas- por Xiana Arias:
NA FEBRE DOS INCENDIOS
Os días sempre rematan. O novo outono non vén só.
Non hai horas de sono Na febre que deseñan os incendios.
Estamos nas vértebras E en cómo estas se cosen.
Din que non hai bestas na noite que deseñan os incendios.
Do río que todo arrastra Din que é violento
E ninguén di violentas As marxes que o comprimen.
Non foi fácil ir ás festas,
Á volta pasabamos días
e noites enteiras atadas
ás patas da cama, (soñando lume)
Precisamos do veleno Para sermos escorpións.
Aparecemos sobre o fondo das batallas deseñadas polo incendio.
Estás nas vértebras Na memoria de mans e ósos
Que facer cos nosos días Deseñados na febre dos incendios?

en
6:11 PM
Etiquetas: Gravación de Alfaias, Xeral
0
comentarios
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)