Alfaias en CD (e mp3)

Quarta-feira, Maio 13, 2009



Xa temos no noso poder a edición comercial en CD do novo disco, editado por A Regueifa Discos e distribuido por Lonxa Cultural. Os e as fetichistas do formato físico xa o podedes mercar online en A Regueifa Tenda ou ben a partir da semana que ven en tendas de discos e sitios tipo Fnac ou El Corte Inglés. Tamén está xa disponíbel en tendas online de mp3 coma Itunes, algo que está pensado máis ben para chegar aos ouvintes estranxeiros que non dean atopado o CD ou o netlabel onde xa sabedes que se pode descargar gratuitamente.

E mil grazas a tod@s @s blogueir@s que escoitaron e falaron -moi ben, menos mal!- do novo disco (Apocalipse do porco, No vento de Cavanardá, Desacougo, Lonxa da meta...) que hoxe en día a opinión dun blogger -por obxectiva e desinteresada- conta moito máis que a de calquera medio tradicional orientado por intereses comerciais.

en 8:09 AM
2 comentarios
mx disse...

Eu encantado de falar -ben!! ;)- de vós!! Que menos... co que me gusta a vosa música!! XD
Un saúdo,
mx

7:02 PM  
lonxedameta disse...

Mesmo digo!
De todas maneiras, una suxestión... por que non facedes discos bilingües? Poderiades adaptar textos de Pérez Reverte, por exemplo... xDDDD
Saúdos!

11:15 PM  

Enviar um comentário