Vozes Novas

Quarta-feira, Setembro 30, 2009


Este verao sairon ao mercado dous discos compilatorios dos que facemos parte. Un é Voces Novas, editado por Komunikando e o Novas da Galiza e no que se inclue un feixe de temas inéditos de boa parte das bandas galegófonas actuais. Nós incluimos Pintamas de escuro, que sen ser inédito en stricto sensu si que é a primeira vez que é editado fisicamente xa que aínda que si que ía incluido na versión en mp3 de Alfaias, non estaba na versión en CD precisamanente para reservalo para este compilatorio. A lista completa de temas é esta:

1.-Bonovo. Sexta
2.-Banda Potemkin. Pensionistas -inédito-
3.-Taru e os paxaros coiro. A xente míntese -inédito-
4.-Ataque Escampe. A Abordaxe Final
5.-Novedades Carmiña. Mata a teu pai -inédito-
6.-The Homens. Ilha Formosa -inédito-
7.-Projecto Mourente. Quero que me aborreças -inédito-
8.-Fanny e Alexander. Píntamas de escuro
9.-GalegoZ. Apocalipse Agora -inédito-
10.-Sacha na Horta. Amodinho -inédito-
11.-Festicultores. Ti tu ti tu ti -inédito-
12.-Skárnio. Venha mais umha -inédito-
13.-Zimmer 103. Queda moito por sachar -inédito-
14.-Nao. Declarámonos culpables
15.-Chiquilicuatres. Jústami llom -inédito-
16.-Os 3 Trebóns. Rapsodia -inédito-
17.-O En-Riquinho (Arremecághona's Produçións). Eu nunca serei yo (refrám sobre umha ideia de Séchu Sende) -inédito-
18.-Planeta Grelos. Licor do negro café -inédito-
19.-Magnifique Band. A night in Bandeira -inédito-

en 6:07 PM
0 comentarios

Enviar um comentário