Fanny + Alexander 1 - Fangoria 0
Terça-feira, Janeiro 27, 2009
Non temos nada en contra de Alaska e Nacho Canut -máis alá da súa responsabilidade no "invento" de Nancys Rubias- pero celebramos sinceramente entrar con Setecentos na Top List de Astredupop seis postos por riba do novo single de Fangoria. Todo un honor e motivo de orgullo amateur tendo en conta que un foi gravado na casa e o outro nun dos mellores estudos de Londres.
Iso si, como seareiros incondicionais de Nacho Vegas, próenos ver o seu excelente novo disco moi por debaixo do da señorita Rosenvinge. Fatal. Moi mal. Aínda que todo quede na casa non deixa de ser unha inxustiza.

Setecentos: single de adianto e videoclip
Quarta-feira, Janeiro 14, 2009
A gravación do novo disco continua e como xa anunciaramos imos ir sacando xa un dos novos temas para ir abrindo boca de cara á publicación de Alfaias na primavera da man de A Regueifa Discos. A canción escollida -que xa podedes escoitar no noso Myspace e ver o videoclip en Youtube- foi Setecentos, cunha letra/poema escrita especialmente para nós -mil grazas!- por Mario Regueira. O videoclip, coma todos os nosos, realizado por nós mesmos.
Prefiro maio cos paxaros mortos, sen flores nen luz.
No bosque dos nosos brazos só cabe a fauna das alimañas,
a escuridade na que se devoran os corpos, o acobillo
que procuran os partisanos cando volven da sabotaxe.
Teño setecentas espoletas na pel,
Hai setecentos arquexos ecoando na estancia, levo setecentos anos
Teño setecentos debuxos rabuñados na bandeira da miña pel
Teño setecentas fillas da vosa raiba, levo setecentos anos
enredado nos vosos brazos.
Quero a mesma tarde onde nos dixeron que nada permanece,
repasar sílaba a sílaba cada cántico da derrota, o xabón
co que a túa nai quería lavarnos a honra para sempre,
o ecoar máxico das caixas do peito resoando ao unísono.
Porque eu só existo nas formas que tallades coas maos,
nas fendas de luz, na tensión animal dos maios apócrifos,
na colección de poutas, cairos e caldeiros de bruxa,
nas marcas que levamos e son constante amor e talismán.

Subscrever:
Mensagens (Atom)