Vozes Novas

Quarta-feira, Setembro 30, 2009


Este verao sairon ao mercado dous discos compilatorios dos que facemos parte. Un é Voces Novas, editado por Komunikando e o Novas da Galiza e no que se inclue un feixe de temas inéditos de boa parte das bandas galegófonas actuais. Nós incluimos Pintamas de escuro, que sen ser inédito en stricto sensu si que é a primeira vez que é editado fisicamente xa que aínda que si que ía incluido na versión en mp3 de Alfaias, non estaba na versión en CD precisamanente para reservalo para este compilatorio. A lista completa de temas é esta:

1.-Bonovo. Sexta
2.-Banda Potemkin. Pensionistas -inédito-
3.-Taru e os paxaros coiro. A xente míntese -inédito-
4.-Ataque Escampe. A Abordaxe Final
5.-Novedades Carmiña. Mata a teu pai -inédito-
6.-The Homens. Ilha Formosa -inédito-
7.-Projecto Mourente. Quero que me aborreças -inédito-
8.-Fanny e Alexander. Píntamas de escuro
9.-GalegoZ. Apocalipse Agora -inédito-
10.-Sacha na Horta. Amodinho -inédito-
11.-Festicultores. Ti tu ti tu ti -inédito-
12.-Skárnio. Venha mais umha -inédito-
13.-Zimmer 103. Queda moito por sachar -inédito-
14.-Nao. Declarámonos culpables
15.-Chiquilicuatres. Jústami llom -inédito-
16.-Os 3 Trebóns. Rapsodia -inédito-
17.-O En-Riquinho (Arremecághona's Produçións). Eu nunca serei yo (refrám sobre umha ideia de Séchu Sende) -inédito-
18.-Planeta Grelos. Licor do negro café -inédito-
19.-Magnifique Band. A night in Bandeira -inédito-

en 6:07 PM 0 comentarios

A Summer Wasting

Terça-feira, Setembro 22, 2009


Hai grupos que aproveitan o verán para tocar polo mundo adiante. Hainos tamén que aproveitan para meterse no estudio e gravar novas músicas. Logo están os que coa chegada do calor simplemente aproveitan para coller vacacións até da música. Sospeito que nós somos destes últimos, dos que de cando en vez precisamos perder de vista os instrumentos. Pero como todo o bon remata, xa estamos de volta. E mais nos vale, que hai un disco de versións por gravar e promete ser complexo.

en 5:57 PM 0 comentarios