50 anos de pop, rock e malditismo na música galega

Sexta-feira, Junho 04, 2010


Xa temos no noso poder un exemplar do que vai ser a imprescindible referencia escrita da música pop galega. Editada por Toxosoutos e escrita por Fernando Fernández Rego recolle ao longo de case 400 páxinas biografías e discografías completas e comentadas de máis de setenta grupos galegos ademais de artigos de xente coma Jesús Ordovás, Xose Manuel Pereiro ou Xavier Valiño e un par de CDs con 21 temas de grupos galegos actuais.

Pola parte que nos toca non podemos máis que estar agradecidos xa que ademáis de incluir un tema noso no duplo CD -Maria Silenzo- adicanos nada menos que catro páxinas cheas de boas palabras para a nosa música. Coma sempre acontece con este tipo de obras e xa advirte Xavier Valiño no prólogo, bótanse en falla algunhas referencias actuais pero si que é certo que aínda que non estean todos os que son si que son todos os que están.

Podédelo atopar tanto en librarías coma tendas de discos ou tendas online.

1 comentarios
Xosé Rodríguez disse...

Ola, levo toda a semana escoitando os vosos temas, xa os escoitara fai tempo algúns, pero agora, non sei por qué, pero quedei completamente fascinado, sobre todo con temas antigos Amei-te tanto encántame... aínda non escoitei o último. Ben, que aquí tedes un admirador! Parabéns.

6:02 PM  

Enviar um comentário