Illa Pedra

Terça-feira, Junho 01, 2010



Lara Dopazo, autora das letras de Píntamas de Escuro e Lipilape, pediunos un tema para a banda sonora da primeira curtametraxe de Adriana Páramo, unha obra cuxo guión está baseado no seu poemario Dende Illa Peixe, gañador do GZcrea 2008. O resultado foi esta nova canción:


Fanny + Alexander - Illa Pedra (2010).mp3


ILLA PEDRA

aquí tes, nas túas mans
un feixe de palabras sen puntos
-non pode haber puntos na nosa historia-
porque acaba de comezar

como anduriñas, chegadas da terra dos emigrantes
voltaremos á casa no tempo da calor
-para acougar-
mais non esquecemos de onde vimos
que mortos levamos gardados na retina
que lingua nos sae dos beizos
do máis fondo da gorxa

marchar é o noso sino e, quizais
ir deixando atrás todos os portos, de tan vellos

pra cando veñas, encherei a casa de follas secas
inventarei un outono pra ti
e, despois, asarei castañas no forno

tatuaremos un mapa sobre a palma da man
como cando soñabamos, de nenas, as cidades nas que vivir
e o tempo non era se non iso
agardar a ser maiores e marchar

non podes quedar aquí, dis
non polo de agora
mais o fío co que imos tecendo a nosa historia
remata no vértice exacto do último poro da pel
e o paraíso segue aí, no mesmo punto dese mapa
onde nos imos atopar
e como cando nenas, sabemos que a viaxe só remata
cando unha illa se convirte en todo un mundo
e non hai necesidade de ir mirar alén dela

pregúntome, entón, que fago aquí
que fago aquí

a illa durme
eu pecho os ollos e agardo a que saia o sol

en 11:00 AM
4 comentarios
lonxedameta disse...

Parabéns polo novo tema... ten un punto moi Belle and Sebastian!

6:34 PM  
F+A disse...

o de B&S é o mellor piropo que podemos recibir 8)

7:06 PM  
milleiro disse...

finalmente tenho un rato para escoitar o novo tema, o tiña pendente... ten un toque belle and sebastian, polo vento e a percusión coas escobillas e tal :) ¡queremos un disco novo!

12:19 PM  
Aldagrim disse...

A mi me recordo a La cancion de Michi Panero en el estribillo.

Seguid trabajando que sois grandes,
Saludos desde Barcelona

10:21 PM  

Enviar um comentário