Peza, video, libro e tema
Terça-feira, Fevereiro 02, 2010
Hai uns meses que decidimos non dar máis concertos e adicar o noso -escaso, por desgraza- tempo de lecer a facer nova música. Niso andamos e xa temos rematada e entregada a peza que fixemos para a banda sonora de Xogo de Nenos, a nova curtametraxe de Pachi Baranda. El en troques fíxonos un videoclip para Toda esa enerxía escura con imaxes do seu arquivo de Super 8, é o que podedes ver encabezando esta entrada.
Soubemos ademais que imos aparecer nun libro escrito por Fernando Fernández Rego adicado ao Pop galego que vai sair esta primavera editado por Toxosoutos. Levará biografías e discografías comentadas de máis de 60 bandas e solistas galegos das catro últimas décadas xunto con artigos de sinaturas convidadas e unha escolma da escena actual en CD. Un libro moi necesario no que por suposto estamos encantados de aparecer.
Tamen está case pronto un novo tema que irá incluido no compilatorio República Billarda, un disco en apoio ao noso deporte tradicional por excelencia. A letra está baseada nun texto de Lara Dopazo -que repite tras engaiolarnos co de Píntamas de escuro- e leva por título Lipilape, o nome que lle dan á billarda en Marín, a súa vila natal:

LIPILAPE
hoxe vai frío e iso é todo o que importa
chove e no ceo voan estornelas
míralas de tan lonxe
e quen as puidera pendurar do vento pra sempre
se bates forte co palán, co pulso firme
pode que atraveses o mar o océano a terra toda
se bates forte pode que enchas o meu ceo de estornelas
debullar o seu paso por entre as gueivotas
a súa traxectoria exacta de labirintos que se perden
pensei o noso varal nas nubes e polas noites
velo escorregar polo aire polo vento
velo escorregar por entre os teus dedos tinguidos de xiz
que era con xiz que pintabas as liñas que cinguían o noso mundo
tendías pontes dun lado ao outro
trazos coma constelacións e, ás veces, imaxinar marcas sobre a terra seca
porque
cantos movementos precisas para chegar aquí?
canta precisión pra que a estornela bote a voar?
mírala atravesar o aire o vento
mírala atravesar a liña do horizonte por diante dos teus ollos
e por tras dos teus ollos, eu
agardando do outro lado do mar
ser o teu varal, escorregando nos dedos
e como estornela
saber da imposibilidade das gaiolas pra atraparnos
ser feble e brutal ao mesmo tempo, firme
sen teito no que gorecerse
polo ar polo vento
correr canda a luz
ata que voltes onda min
hox vai frío. chove. e todo o que importa é que no ceo voan estornelas
entre o teu mundo e o meu, un varal
tres pasos de distancia
só tres
Subscrever:
Mensagens (Atom)