50 anos de pop, rock e malditismo na música galega
Sexta-feira, Junho 04, 2010

Xa temos no noso poder un exemplar do que vai ser a imprescindible referencia escrita da música pop galega. Editada por Toxosoutos e escrita por Fernando Fernández Rego recolle ao longo de case 400 páxinas biografías e discografías completas e comentadas de máis de setenta grupos galegos ademais de artigos de xente coma Jesús Ordovás, Xose Manuel Pereiro ou Xavier Valiño e un par de CDs con 21 temas de grupos galegos actuais.
Pola parte que nos toca non podemos máis que estar agradecidos xa que ademáis de incluir un tema noso no duplo CD -Maria Silenzo- adicanos nada menos que catro páxinas cheas de boas palabras para a nosa música. Coma sempre acontece con este tipo de obras e xa advirte Xavier Valiño no prólogo, bótanse en falla algunhas referencias actuais pero si que é certo que aínda que non estean todos os que son si que son todos os que están.
Podédelo atopar tanto en librarías coma tendas de discos ou tendas online.

Illa Pedra
Terça-feira, Junho 01, 2010

Lara Dopazo, autora das letras de Píntamas de Escuro e Lipilape, pediunos un tema para a banda sonora da primeira curtametraxe de Adriana Páramo, unha obra cuxo guión está baseado no seu poemario Dende Illa Peixe, gañador do GZcrea 2008. O resultado foi esta nova canción:
Fanny + Alexander - Illa Pedra (2010).mp3
ILLA PEDRA
aquí tes, nas túas mans
un feixe de palabras sen puntos
-non pode haber puntos na nosa historia-
porque acaba de comezar
como anduriñas, chegadas da terra dos emigrantes
voltaremos á casa no tempo da calor
-para acougar-
mais non esquecemos de onde vimos
que mortos levamos gardados na retina
que lingua nos sae dos beizos
do máis fondo da gorxa
marchar é o noso sino e, quizais
ir deixando atrás todos os portos, de tan vellos
pra cando veñas, encherei a casa de follas secas
inventarei un outono pra ti
e, despois, asarei castañas no forno
tatuaremos un mapa sobre a palma da man
como cando soñabamos, de nenas, as cidades nas que vivir
e o tempo non era se non iso
agardar a ser maiores e marchar
non podes quedar aquí, dis
non polo de agora
mais o fío co que imos tecendo a nosa historia
remata no vértice exacto do último poro da pel
e o paraíso segue aí, no mesmo punto dese mapa
onde nos imos atopar
e como cando nenas, sabemos que a viaxe só remata
cando unha illa se convirte en todo un mundo
e non hai necesidade de ir mirar alén dela
pregúntome, entón, que fago aquí
que fago aquí
a illa durme
eu pecho os ollos e agardo a que saia o sol
Subscrever:
Mensagens (Atom)